Ruíz insta a Augas de Galicia a axilizar o proxecto da depuradora

    soluciontecnicadepuradora100.jpgRIBEIRA> O executivo encabezado por Manuel Ruíz segue empeñado en rematar cos problemas de depuración integral que presenta o municipio.

    {flowplayer}barbanza/soluciontecnicadepuradora.flv{/flowplayer}

    En dúas ocasións dirixiuse xa o alcalde de Ribeira a Augas de Galicia para que perfilen as características técnicas da futura depuradora de Ribeira, de xeito que se poidan poñer a disposición os terreos para a súa construción. Pretenden así dar saída a un proxecto que permanece estancado polas diferenzas á hora de determinar o seu emprazamento e a súa distribución nunha única estación ou en varias.

    Depuradora para Xarás

    A necesidade de contar cunha estación depuradora foi aprobada co consenso de tódolos grupos da corporación hai xa catro anos. Neste acordo contémplanse unha serie de requisitos como que o proxecto se someta ós trámites de avaliación de impacto ambiental e sostibilidade, que o emisario se prolongue ata augas oceánicas para minimizar os riscos de veridos e que se constrúa unha depuradora específica para o polígono industrial de Xarás.

    O saneamento integral do municipio é unha das teimas do novo equipo de goberno que xa ten aprobado diversas actuacións nesta materia.

    Redacción Barbanza