CAMBADOS> Cambados volve a namorar por San Valentín. A vila presenta unha nova edición do seu concurso de fotografía polo día dos namorados. Dende o concello agardan potenciar as vendas do comercio local e premiar a todos aqueles que presuman do amor en Cambados.
Cambados é unha vila que namora, e como o tal, o concello celebra cada San Valetín un certame de fotografía para premiar a todos aqueles que presuman de amor en Cambados. O concello e Zona Centro presentan a cuarta edición de Cambados Namora que se celebrará do 11 ao 14 de febreiro.
Para participar é necesario sacar unha foto nun dos diferentes photocalls da vila e subilos co cancelo Cambados Namora. Entre os participantes repartiranse numerosos premios.
A campaña axuda a ponteciar a hostalería e o comercio local.
E tamén a dalo a coñecer.
Como comenta o presidente de Zona Centro, para axudar á dinamizar ás rúas, a vila acollerá un concerto o domingo ao medio día de Dani Barreiro.
Segundo indican comerciantes e concello, a campaña de Cambados Namora ten unha boa resposta da veciñanza de toda a comarca. Ademais tamén sinalan que a época de San Valentín volve gozar dun gran momento, coa diferencia de que en vez de grandes agasallos, cada vez son máis os que celebran o seu amor con pequenos detalles máis tradicionais omo flores e bombóns.