Durán considera insuficiente o Fondo Anticrise

    fondos_anticrise_vilanova100.jpgVILANOVA>  O Concello informou hoxe que contratou un total de 17 empresas para acometer as obras aprobadas polo Fondo Anticrise do Estado.

    {flowplayer}images/salnes/FONDOS_ANTICRISE_VILANOVA.flv{/flowplayer} 

    O Concello de Vilanova informou hoxe que contratou un total de 17 empresas, das que o 90% son do Salnés, para acometer as obras aprobadas polo Fondo Anticrise do Estado.

    A Vilanova correspóndelle 1,8 millóns de euros que lle permitirá dar traballo a 95 operarios, 22 deles de nova contratación.

    O alcalde agradece este apoio pero non o ve suficiente. Para Durán, o idóneo sería potenciar as empresas e a creación de emprego estable. No caso de Vilanova, o alcalde ten postas as esperanzas no desbloqueo urbanístico por parte da nova Xunta, e sobre todo, no polígono de Baión.

    Precisamente en Baión desenvolverase unha das obras do Fondo Anticrise. O Concello inclúe a canalización do río Fonsín para complementar os traballos da empresa do polígono para evitar as inundacións desta zona.

    Segundo indicou Durán, tódalas parroquias se beneficiarán do Plan E, con actuacións nas redes de alumeado e sumidoiros, pavimentación de camiños ou extensión da rede WIFI. Tamén se inclúe a reforma da praza de abastos.

    Redacción Salnés