CATOIRA> O deputado parlamentario nacionalista Bieito Lobeira visitou esta tarde as inmediacións da empresa CEDONOSA para amosar o seu apoio…
{flowplayer}images/salnes/030409_bng_en_cedonosa.flv{/flowplayer}
… e solidariedade ó conflicto laboral que se está a vivir nesta factoría de gres de Catoira. Nesta visita estivo acompañado co representante do BNG local, Nando Casal, quen tamén destacou o apoio incondicional non só do seu grupo, senón de toda a corporación municipal, ós ex-traballadores da mesma, tal e como veñen facendo desde a orixe deste conflicto sociolaboral.
Tanto Lobeira como Casal coincidiron en reivindicar unha pronta solución para estes traballadores, que levan ducias de días esperando a que lles anuncien cando van a cobrar as indemnizacións que se lles adebedan.
Pola súa parte, os traballadores teñen previsto seguir adiante ca vixilancia nas inmediacións da factoría e ca súa loita sindical. Este mesmo martes reuniranse os representantes dos traballadores e as forzas sindicais para intentar buscar unha solución ó novo conflicto xerado, logo de que os administradores concursais asinaran un acordo de pago que a empresa non é quen de cumprir.
Os ex-empregados de Cedonosa aseguran sentirse estafados por estes administradores, ós que culpabilizan completamente da situación que están sufrindo arestora, ca complicidade da propia dirección da empresa e do xuíz encargado do caso.
Redacción Salnés