![]()
PONTECESURES> A zona do peirao da Vila Fluvial concentra, esta fin de semana, dous eventos de ocio. A XIV Festa da Lamprea e a V Feira do Automóbil Antigo.
Ás dez da mañá deste sábado comezará en Pontecesures a Quinta edición da Feira do Automóbil Antigo e de Ocasión que se ubicará na zona do peirao da Vila Fluvial. A mostra ocupará unha superficie de máis de tres mil metros cadrados que se dividirán en tres áreas. Amais da exposición, haberá unha unidade móbil da ITV para que os vehículos de máis de 25 anos pasen a revisión.
De xeito paralelo, ás 11 da mañá do sábado comezará a concentración de motocicletas antigas. E, o domingo, á mesma hora, levarase a cabo unha concentración de coches antigos. Este evento ten a súa orixe no ano 1925, cando un grupo de veciños da localidade puxeron en marcha a feira do automóbil de ocasión. A primeira destas características que se celebra en España.
Amais da feira automobilística, o concello programou, para esta fin de semana, a Festa da Lamprea. Un evento gastronómico, que conta con catorce anos de historia, e onde se dan cita os mellores manxares feitos con este peixe.
A festa gastronómica da lamprea comeza oficialmente o domingo, ás 2 da tarde. Na xornada do sábado celebrarase o concurso de empanadas de lamprea que rematará cunha desgustación desta especialidade, a partires das 7 da tarde. Amais das exposicións e da boa comida, en Pontecesures non faltará a música, durante a fin de semana, que virá a cargo de varios grupos chegados de toda a provincia.
Redacción Salnés
{flowplayer}images/salnes/030409_previa_festa_lamprea_feira_automobil.flv{/flowplayer}









