Ribeira xa conta con varios parques infantis adaptados a norma europea

    reaperturaparquesribeira_100_03042009.jpgRIBEIRA> A tenente de alcalde e a edil de medio ambiente estiveron na reapertura do parque da praza de García Bayón.

    O concello de Ribeira rematou o plan de remodelación integral dos parques infantís do casco urbano do municipio para adaptalos á normativa europea de seguridade. Xa se atopa aberto aos usuarios o parque infantil situado na praza García Bayón de Riveira, un dos máis frecuentados polos cativos da cidade.

    Con esta apertura remata o proxecto iniciado a mediados de novembro de 2008 para ampliar a capacidade recreativa dos parques do municipio e adaptalos á normativa europea de seguridade: un plan promovido polo área de Parques e Xardíns que contou cun orzamento de 170.000 euros.

    Profunda remodelación

    No que respecta ao Parque García Bayón, Lola Elorduy manifestou que esta área experimentou unha profunda remodelación. Verteuse soleira de formigón en toda a zona e se recubriron os espazos de caída dos xogos con lousas de caucho para dotalos de maior seguridade. O orzamento deste parque superou os 70.000 euros. Amén se realizaron actuacións nos restantes parques da cidade.

    {flowplayer}barbanza/reaperturaparquesribeira.flv{/flowplayer}

    Dolores Elorduy, explicou que se empregará parte do remanente de tesourería para remodelar de maneira integral outros parques das distintas parroquias de Riveira. De igual xeito, a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Pereira, anunciou que se construirán no municipio cinco circuítos de parques biosaúdables: un proxecto que será abordado pola concellería de Asuntos Sociais. 

     Os circuítos estarán situados no Paseo de Coroso, en Aguiño a carón da casa da cultura, na Rúa Portugal de Riveira, en Palmeira e en Vilar-Corrubedo. Cada un dos mesmos contará con distintas estacións que irán equipadas cunha serie de máquinas específicas para exercitar a psicomotricidade, a forza, a resistencia ou a tono-cardio-flexibilidade.

    Redacción Barbanza