A. Pontón: ‘A execución do plan de recuperación da Ría de Noia debería ser unha prioridade’

NOIA> Acompañada da deputada Rosana Pérez e representantes da formación a nivel local e comarcal, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón mantivo un encontro na sede da confraría de pescadores con representantes do pósito noiés.

A finalidade da xuntanza non era outra que analizar a situación do sector marisqueiro nunha das rías máis produtivas de Galicia, da que viven directa ou indirectamente un gran número de familias.

Por esta razón un dos aspectos segundo ela nos que cómpre actuar é a mellora das actuais condicións da Ría, de aí que non se entendan decisións como a negativa do PP a apoiar na Cámara Galega unha iniciativa presentada polos nacionalistas para a mellora da actual depuradora por un importe de 1’3 millóns de euros.

Outro dos aspectos que preocupa tamén ós nacionalistas é afectación que pode traer para os bancos marisqueiros a reapertura da mina de San Finx.

Pontón tamén fixo alusión a outra proposta que os nacionalistas levaron ó Parlamento para que a Xunta adquira a antiga instalación de Calvo en Esteiro para transformala nun centro que potencie a I+D+i vinculada ó sector do mar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí