O BNG denuncia trato de favor do goberno local de Noia

denunciabngobrailegal_100_03042009.jpgNOIA> Acusan ao actual executivo de paralizar unha obra en Balbargos favorecendo os intereses duns veciños fronte ao ben público.

O BNG de Noia vén de denunciar os supostos atrancos que está a poñer o goberno local a unha obra que está a executar a Consellería de Medio Rural no lugar de Balbargos, no Obre.

Esta actuación, consistente na recuperación dunha eira veciñal, decidiu incluirse finalmente nun proxecto financiado por Medio Rural, a petición dos propios veciños que presentaron sinaturas no concello a finais de 2007 para o adecentamento desta área. Sen embargo, unha pequena parte dos residentes opoñíase á actuación, razón que esgrime o grupo de goberno para a súa paralización.

{flowplayer}barbanza/denunciabngobrailegal.flv{/flowplayer}

Os nacionalistas denuncian que o propio concelleiro de Obras tentara paralizar a actuación sen unha orde e que, dende o comezo das obras, se lle estean poñendo trabas á súa execución. Dende o BNG lembran que existe unha sentenza do ano 2007 que ratifica de xeito firme o carácter veciñal desta área que, ata o de agora, se atopaba nun avanzado estado de deterioro.

Sen embargo, trala titularidade desta eira subxace un conflito veciñal que se evidenciou cando un representante da familia que se opón ó proxecto se personou no lugar para recriminar ós nacionalistas a súa actuación. Pola contra, a maior parte dos residentes apoian a recuperación deste espazo público.

Xestión unilateral

Dende o goberno noiés quixeron sair ao paso destas acusacións explicando que o acondicionamento desta praza non figuraba no proxecto inicial aprobado polo concello se nón que se trata dunha actuación xestionada unilateralmente polo, daquela, edil de Urbanismo sen comunicalo aos que por aquel entón eran os seus compañeiros de goberno.

Insisten ademáis en que a Eira non é de dominio municipal senón veciñal polo que o concello non pode acometer unha actuación con fondos publicos nun espacio que non o é.

A concelleira de Medio Rural, Alicia Pombo, explicou que ante as protestas de varios veciños que se presentaron no concello, o edil de obras acudiu ao lugar para comprobar en que situación se atopaba a obra, a espera de que Medio Rural lles remita o proxecto posto que na actualidade o concello descoñece os detalles desta actuación.

A edil criticou ademáis a actitude dos concelleiros nacionalistas que o único que está a provocar, di, é un conflicto grave entre veciños.

Redacción Barbanza