A Deputación porá en marcha este verán un campamento de inglés

    campamentos_deputacion_100_060409.jpgPONTEVEDRA> Trátase dunha inciativa pioneira na provincia dirixida a 800 nenos de entre 8 e 13 anos.

    {flowplayer}images/salnes/060409_cursos_veran_deputacion.flv{/flowplayer}

    A deputación de Pontevedra vén de presentar a oferta de campamentos que está a deseñar para este verán. Ademais dos celebrados como cada ano no centro da Lanzada, este ano porase en marcha unha iniciativa pioneira na provincia: un campamento de inglés que terá lugar nas instalacións da Cidade Príncipe Felipe. Estas actividades están dirixidas a cativos con idade comprendidas entre os oito e os trece anos.

    O 24 de xuño será a data na que arrinquen os campamentos de verán no Centro da Lanzada. Desde que hai cinco anos se puxeran en marcha, a Deputación de Pontevedra foi ampliando o número de quendas e de prazas, de xeito que este verán se espera que preto de dous mil cincocentos cativos de toda a provincia gocen dunha semana de lecer no centro do Grove.

    En total programaranse 10 quendas con 200 nenos en cada unha. O prazo de inscrición está aberto ata o 20 de abril e poderanse anotar os rapaces de Pontevedra de entre oito e trece anos. Os campamentos terán unha duración de sete días, nos que os rapaces realizarán desde saídas á praia a actividades deportivas ou unha viaxe á illa de Ons. Segundo o presidente da Deputación, trátase dunha proposta de lecer atractiva e económica.

    Como novidade, este ano a Deputación porá tamén en marcha un campamento de inglés. Celebrarase na Cidade Príncipe Felipe e estará aberto a cativos de oito a trece anos, aínda que están estudando a posibilidade de amplialo a rapaces de dez a 15 anos en función da demanda.

    Redacción Salnés