Os bombeiros barbanzáns continúan coas mobilizacións para esixir mellorar laborais

    BARBANZA > Os bombeiros dos parques comarcais da provincia da Coruña continúan coas súas mobilizacións para solicitar de novo a sinatura dun convenio no que consideran imprescindible que se lle recoñezan melloras salariais, formación dentro do horario laboral e vacacións ó menos durante 15 días consecutivos. Os bombeiros consideran que nin a empresa Veicar, concesionaria do servizo, nin a Deputación da Coruña nin a Xunta de Galicia, se amosan dispostas a negociar nin a atende-las súas peticións de reunión.

    Ó redor duns cen bombeiros pertencentes ós parques de Ribeira, Boiro, Carballo, Ordes, Arteixo, Arzúa e Betanzos concentráronse o pasado mércores diante da Xunta de Galicia para continuar coas súas reivindicacións solicitando melloras laborais á empresa Veicar concesionaria do servizo en toda a provincia da Coruña.

    As mobilizacións comezaron o pasado mes de marzo e polo de agora os avances foron escasos xa que a empresa non ten pensado asumi-las esixencias dos traballadores dos parques de bombeiros provinciais.

    Ante esta situación teñen previsto continuar coas concentracións, esta vez de novo ante a institución provincial na Coruña o vindeiro día 26, na que se plantexan ir espidos. Ademais tamén anunciaron que teñen previsto iniciar unha folga de fame o primeiro de maio senón existen avances na negociación.

    Redacción Barbanza