Augas de Galicia inicia en Arousa o plan de saneamento das rías galegas

    saneamentoria_100_190809.jpgBARBANZA> Aguas de Galicia vén de licitar o plan de saneamento da marxe dereita da ría de Arousa por un importe de máis de 1’7 millóns de euros.

    {flowplayer}barbanza/saneamentoria.flv{/flowplayer}

    O Diario Oficial de Galicia publicou este mércores a resolución pola que se anuncia a licitación do servizo para a realización do Plan de saneamento local da ría de Arousa, concretamente na súa marxe dereita, que abranguerá ós concellos de Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo.

    A Xunta de Galicia financia esta actuación, achegando un importe total de máis de 1’7 millóns de euros, dentro do Plan de Infraestruturas Hidráulicas, a través do cal a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas pretende acadar o bo estado das augas da totalidade das rías galegas no ano 2015.

    Fases

    O Plan de saneamento da ría de Arousa dividirase en dúas fases: a primeira delas abarcará os municipios da Pobra do Caramiñal e Ribeira, contando cun investimento duns 790 mil euros e un prazo de execución de 16 meses; a segunda fase do Plan afectará ós concellos de Boiro e Rianxo e o presuposto que se destinará será lixeiramente superior ó anterior, uns 940 mil euros, cun prazo de execución tamén de 16 meses.

    Augas de Galicia elixiu a ría de Arousa como primeira zona para a realización do estudo debido á relevancia que esta ten dende o punto de vista económico, social e turístico.

    Outra das razóns que xustifican esta decisión é o importante deterioro da calidade das súas augas e a representatividade dos núcleos de poboación dentro da Comunidade Autónoma. A

     maioría das actuacións a desenvolver irán encamiñadas fundamentalmente a adaptar as redes de colectores existentes e estacións de bombeo ás depuradoras de augas residuais actuais, a través de técnicas de drenaxe urbano sostible.

    Redacción Barbanza