O concello de Muros insta a FCC a retirar o lixo dos contedores soterrados

    MUROS> A alcaldesa, Caridad González, trasladoulle ós responsables da empresa o seu malestar por este feito. A alcaldesa muradá, Caridad González, mostrou o seu malestar porque os empregados da firma FCC, que se encarga da xestión do lixo neste concello, non procedan á retirada da basura dos contedores soterrados que hai instalados na fachada marítima, a escasos metros do concello. Un feito que mesmo a levou a presentar unha queixa na última reunión da Mancomunidade de Municipios Serra do Barbanza. A rexedora muradá confía en que se produza un cambio de actitude por parte da empresa, e esta situación sexa arranxada en breve, xa que o concello muradán está a realizar unha aposta importante por este tipo de recipientes para o lixo, que axudan a mellorar a estética da vila. Anunciando a súa intención de ir incrementando o seu número ó longo de todo o concello.