![]()
O GROVE > O secretario de Organización do PSOE , Ricardo Varela insite en que o procedemento polo que se nomeou a José Cacabelos como candidato á…
…alcaldía do Grove nas vindeiras eleccións municipais de maio é totalmente reglamentario. A decisión, que provocou unha forte crise no partido meco entres os partidarios de Aida Filgueira, foi tomada, segundo o secretario de Organización, pensando nos intereses dos cidadáns e non nos do partido.
Segundo Varela o procedemento de eleccións primarias para elixir candidatura está establecido naqueles concellos nos que se superen os 50 mil habitantes e se acorde a súa posta en marcha por iniciativa do 20% dos afiliados ou ben pola propia executiva. No restos dos concellos o candidato ou candidata pode ser proposto pola executiva local ou polos órganos superiores do partido tal e como recollen os estatutos do partido.
O problema no PSOE do Grove é segundo o secretario de Organización do partido, que neste concello a executiva no asumiu a decisión polo que se nomeou a xestora para que pilote o procedemento electoral.
Redacción Salnés








