CARRIL> Cunha petición de modificación do Plan de Explotación sen resolver, polo bloqueo da Confraría, os mariscadores carrilexos toman medidas. Ante a escaseza de produto e o seu reducido tamaño, decidiron para-la súa actividade ata marzo.
Asegura que a xente está moi conciencia en facer este parón, para que se recupere o marisco. Lamentan que o Patrón Maior siga facendo oídos xordos e non dea traslado á Xunta da petición da agrupación de mariscadores para cesa-la actividade.
Anuncian que puxeron o tema en mans dun avogado e amósanse dispostos a levar á Xunta ós tribunais.
O novo contexto ó seu enfrontan, sen apenas axudas, deixa nunha posición moi complicada ós mariscadores. Máis aínda tendo en conta que no medio deste parón cadra a campaña de Nadal.
Porque en condicións normais, a campaña de nadal traducíase nuns 2.500 euros por mariscador.