Lanzan dúas campañas a favor e en contra da reforma da vilagarciá praza da Independencia

VILAGARCÍA> O futuro da fonte que preside a praza da Independencia, en Vilagarcía, abriu o debate na internet: hai en marcha dúas campañas na plataforma change.org a favor e en contra do proxecto de reforma da praza.

A primeira campaña posta en marcha en change.org pide ó goberno local a que non setoque a fonte da praza da Independencia. A outra, pecha filas entorno ó proxecto de modelo de cidade de Ravella.

Para o concello estas campañas son anecdóticas e considera que a polémica non é para tanto.

A alcaldesa en funcións quixo aclarar cales son os plans municipais: a fonte, que xa non é a orixinal, vai continuar presidindo a praza. O único que desaparece é o seu vaso para facela máis accesible.

Con vaso ou sen el, o certo é que a actuación xera debate. Moitos tamén aproveitan para valora-la futura peonalización desta vía, que parte da esquina do colexio San Francisco ata o vértice onde se atopan estas áncoras. Neste caso, como xa é habitual, diverxencia de opinións.

As obras comezarán este outono e estarán rematadas nos primeiros meses do 2019. Teñen un orzamento de 420.000 euros.