Unha mostra reflexará a sociedade de Vilagarcía durante a II República

    exposicion_xente_nosa100.jpgVILAGARCÍA> O luns inaugurase a exposición titulada Xente Nosa. Vilagarciáns nos anos 30. A mostra estará no Auditorio ata o vindeiro día 30

    A exposición Xente Nosa. Vilagarciáns nos anos 30 estará composta por 18 paneis informativos e varias vitrinas nas que se mostrarán obxectos persoais de personaxes relevantes, na sociedade vilagarcián, do momento. Complementarán a mostra carteis da época, discos de música e fotografías tomadas durante os anos da II República. Segundo o edil de Cultura, esta exposición é unha visión da paisaxe e da paisanaxe de Vilagarcía, durante os anos 30.

    A mostra xirará en torno a dous personaxes destacados na época. O doutor Xosé Moreira e a artista Matilde Vázquez. Ambos representan a sociedade do momento e son un referente para os vilagarciáns, segundo expresou o edil de Cultura. A exposición está dirixida polo representante do Arquivo Social da Memoria, Antonio Caeiro, quen destacou a relevancia dos dous protagonistas da exposición, durante os anos anteriores á Guerra Civil.

    Esta mostra complementará a exposición Editar en galego durante a Ditadura, que xa está exposta nos corredores do auditorio vilagarcián. 

     A mostra completarase cun ciclo de curtametraxes sobre os anos da República e a Guerra Civil. O ciclo de documentais arrancará o vindeiro luns e estenderase ata o xoves, 16. As proxeccións terán lugar na sala de conferencias do Auditorio, a partir das 8 da tarde.

    O conxunto da mostra inaugurase o vindeiro luns, ás 7 e media da tarde, no edificio do Auditorio. A exposición estará aberta ao público, de luns a sábado, entre as 8 da mañá e as 10 da noite.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/080409_ptacion_expo_vilagarcians.flv{/flowplayer}