E o dioivo caeu nunha tarde de corentena

SANXENXO> Menuda sarabiada caeu onte nas Rías Baixas. Toda a provincia de Pontevedra viuse afecta polo forte pedrazo, que deixou estampas espectaculares en pleno confinamento.

Estas imaxes enviounas unha espectadora de Canal Rías Baixas. Foron gravadas en Noalla, no concello de Sanxenxo. Pero as treboadas sucedéronse por toda a nosa contorna, con intensas precipitacións e tamén aparato eléctrico.

O pedrazo, nalgúns puntos, mesmo acadou o tamaño dunha cereixa. Con todo, esta situación meteorolóxica non deixou incidencias de consideración.

Hoxe, os chuvascos continuarán, nalgúns lugares acompañados de tormentas e sarabiadas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí