O Pub Pilón de Cambados celebrou o seu oitavo aniversario

    pub_pilon_100.jpgCAMBADOS > O día da constitución amenceu tranquilo en Cambados e sen case ningunha xente moza pola rúa…

    … O motivo hai que buscalo na festa de aniversario do pub Pilón desta localidade que tivera lugar a noite antes. Este coñecido local de copas situado no número 19 da cambadesa Rúa Nova ; quixo celebrar como cada ano, unha festa de aniversario por todo alto.

    Nesta oitava edición contou cas actuacións de gogós e cun espectáculo de baile e erótico, a cargo de xente tan coñecido como a stripper Susana Arreche, o actor de cine erótico e irmán de Dinio, Rafa García, e o stripper e exconcursante de Gran Hermano Ness.

    Todo isto aderezado con catering e copas de balde e mesmo co sorteo de importantes premios como pantallas de lcd ou viaxes ó Caribe; por valor de máis de 6.000 euros. Os propietarios decidiron montar esta xoldra por todo o alto para agradecer á fidelidade da súa clientela que cada fin de semana ateiga este local.

    Redacción Salnés.