RIBADUMIA> O concello de Ribadumia asistiu a uns novos comicios electorais con importantes cambios no seu panorama político. Os diferentes representastes das formacións invitaron á xente a participar nas eleccións buscando que a vila volva rexistrar unhas cifras importantes de participación.
Os cambios políticos na vila son importantes. O actual alcalde que gañou as eleccións con Independentes por Ribadumia preséntase agora co PP. Mantense o líder de Somos Ribadudmia e hai cambios de candidatos en PSdeG e Bng. Preséntase tamén nestas eleccións Xuntos por Ribadumia. As formacións afrontan os comicios con ilusión.
A participación nas últimas eleccións superaron o 80%. Como indican as formacións, todo voto é importante para que os partidos poidan acadar os 7 edís que necesitan para conseguir a maioría absoluta.