Rianxo nomeará a ‘Os Rosales’ fillos predilectos do concello

RIANXO> ‘Os Rosales’ serán declarados fillos predilectos do concello de Rianxo. A iniciativa do BNG, a corporación municipal aprobou por unanimidade o inicio de tramitación do expediente que permitirá recoñecer a achega cultural de Xosé Romero e Maruxa Miguéns a  través da música tradicional.

Dende a parroquia de Asados, estes músicos  levaron por todo o mundo os sons da música galega converténdose nun referente para presentes e futuras xeracións.

A aprobación plenaria supón o primeiro paso para a declaración de filla e fillo predilecto, esta última  a título póstumo posto que Xosé Romero faleceu en 2021.

Segundo o BNG, o recoñecemento dignifica tamén a tódolos músicos tradicionais pola súa gran contribución a conservar a cultura e a identidade galegas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí