Abre o prazo de inscrición na escola infantil de Ribeira

    RIBEIRA> O executivo ribeirense vén de informar de que mañá, primeiro de abril, abrirá o prazo para a inscrición de novo alumnado na Escola Infantil Municipal, prolongándose ata o día 30 dese mesmo mes. A publicación das listas provisionais de alumnos admitidos está previsto que se fagan públicas o día 16 de maio, abríndose posteriormente un prazo de reclamación de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte a esta publicación. As listas definitivas serán publicadas o 30 de maio. En canto ó prazo para a confirmación de matrícula, tanto para os que fixeron reserva e renovación de praza como para os que fixeron inscrición, será do 2 ó 19 de xuño. As familias interesadas poderán recibir máis información, ou mesmo pasar a recoller os impresos para a solicitude e confirmación da matrícula no propio Departamento de Servizos Sociais, situado na Praza 8 de Marzo, no Edificio Mirador de Padín. Tamén se poden recoller impresos no propio Rexistro Xeral do Concello ou na páxina web www.riveira.es.