A posta en marcha da zona azul colle desprevidos aos ribeireses

    iniciozonaazul_100_14042009.jpgRIBEIRA> Nun só día, unha trintena de vehículos recibiron o aviso de infracción por superar o tempo máximo de estacionamento.

    Os conductores que habitualmente aparcan no contorno do auditorio municipal ou na rúa Mariño de Ribera deben andar estes días con máis tino. Xa comezou a funcionar a coñecida como zona azul. Nestas prazas de estacionamento, delimitadas con sinalización vertical e horizontal, os vehículos poderán permanecer estacionados con máximo unha hora e medio.

    O estreo deste novidoso sistema colleu a moitos por sorpresa. No primeiro día os axentes multaron preto dunha trintena de automóviles. Porén, para que os conductores se poidan habituar a este sistema sen sobresaltos no peto, durante esta semana as sancións non se tramitarán.

    {flowplayer}barbanza/iniciozonaazul.flv{/flowplayer}

    O horario da zona azul será de luns a venres, en horario de mañá e tarde e o sábado pola mañá. Os axentes controlan cada certo tempo os vehículos mediante un sistema GPS que rexistra a matrícula o que lles permite coñecer en todo momento o tempo de estacionamento.

    Multas de noventa euros

    O xefe da policia local de Ribeira espera que os cidadáns se adapten rápido a esta nova medida, e co tempo, poder reducir a vixiancia intensiva que se levará a cabo nas primeiras semanas de implantación.

    Os avisos de infracción destes días transformaranse a vindeira semana en sancións reais que irán dende os noventa euros ata os cento cincuenta cando o vehículo duplique o tempo permitido de estacionamento.

     Redacción Barbanza