Alberto Blanco advirte do risco de desaparición da Basket Cup

basket250_140409.jpgVILAGARCÍA> A Vilagarcía Basket Cup corre serio risco de desaparición. Así o fixo saber esta tarde o director do torneo, Alberto Blanco, que ve necesario un cambio na fórmula da organización do torneo onde as institucións teñan maior peso.

{flowplayer}images/salnes/basketcup_140409.flv{/flowplayer} 

Así de claro falou esta mañá Alberto Blanco. Segundo o Director da Vilagarcía Basket Cup, os apoios públicos que reciben non está a altura da magnitude acadada polo torneo nas últimas edicións. Dixo non ter ningunha garantía por escrito de que vaia percibir este ano subvencións por parte das institucións. Mandoulles varias mensaxes para a súa reflexión.

Blanco non quere que ningún membro da organización, incluido el, continúe a xogarse o seu patrimonio persoal. Pretende por tanto que se cree un comité ou unha fundación que se encargue de organizar o torneo.

Polo demais, síntese moi satisfeito pola afluencia masiva de público durante os catro días e polo nivel amosado polos equipos.

Con todo, emprazou ós medios a unha nova rolda de prensa cando coñezan o balance económico do torneo. Deixou unha porta aberta á posible desaparición do mesmo se é que as institucións non abren a man.

Redacción Salnés