O número de novos positivos segue á alza en Barbanza

BARBANZA> Boiro pasou hoxe ó nivel alto de restricións como medida preventiva ó aumentar de xeito significativo os contaxios nas últimas semanas. Hoxe son un total de 31, 4 máis co pasado venres. Ó longo da fin de semana a consellería de Sanidade veu realizando un cribado con test de antíxenos no centro de saúde do Saltiño ó que foron citados uns catro mil veciños, de idades comprendidas entre os 30 e 45 anos. Asistiu preto do 70% e non se detectou ningún positivo. Durante a última semana a Policía Local efectuou un total de 8 denuncias por incumprimentos das medidas de prevención. mentres tanto na Pobra a situación segue a ser preocupante. Durante a fin de semana aumentaron en dez o número de positivos, situándose nos 51 os casos activos por covid.

En canto ó resto de concellos desta zona na área sanitaria Santiago-Barbanza a situación máis crítica vívese en Ribeira e Noia. Na capital barbanzá a última actualización dos datos cifra en 27 o número de positivos, 8 máis que o pasado venres. En Noia, que hoxe entrou tamén en nivel medio, mantense en 15. Os demais municipios desta área mantéñense en niveis máis baixos, na franxa de 1 a 9 contaxios nos últimos catorce días. Si volve a haber cambios con respecto ó volume total de positivos. Dende o venres as cifras incrementáronse notablemente pasando dos 318 ós 331, 13 máis. Tamén aumentou a presión hospitalaria. O número de pacientes ingresados en planta é hoxe de 22 e a cifra de ingresos na unidade de críticos sitúase en 5.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí