Boiro Novo critica o escaso investimento nos pantaláns de Cabo de Cruz

    BOIRO> O grupo municipal de Boiro Novo vén de amosar a súa satisfacción porque a Xunta acordara, despois de varios anos de agarda, a construción dos tan ansiados pantaláns de Cabo de Cruz, nos que investirá uns cen mil euros. Aínda así, dende a formación critícase a escasa partida que se destinará a este fin, xa que segundo eles supón a quinta parte do custe total necesario para acometer esta actuación. Por esta razón e pola propia mellora da seguridade dos mariñeiros que operan neste peirao consideran necesario que o Goberno Galego corrixa esta inxusta situación e se dote dos fondos necesarios para acometer unha obra en condicións. Dende Boiro Novo mostran tamén a súa disconformidade pola decisión de non investir nin un só euro na instalación de pantaláns para a importante flota bateeira deste porto, ó tratarse dun dos principias piares da economía boirense.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí