Cúmprense 20 anos da chegada da marea negra do Prestige á ría de Arousa

BARBANZA> Lembramos un triste aniversario. A chegada da marea negra do Prestige á Ría de Arousa a principios de decembro de 2002 tinguía de negro as nosas costas. Botamos a vista atrás para ver como se xestionou aquela catástrofe e as súas consecuencias, vinte anos despois.

Un día coma hoxe, un dous de decembro de hai vinte anos, comezaban a chegar as primeiras manchas de chapapote á Ría de Arousa. Era a confirmación dun desastre anunciado, tralo afundimento do Prestige dúas semanas antes a unhas 250 millas da costa galego. Aguiño, na boca da ría, foi a primeira localidade en sufrir  a embestida do chapapote que ó longo dos días se estendería por toda a ría.

Falamos con Manuel Maneiro, daquela patrón maior da Pobra, que lembra como foron os propios mariñeiros os que se prepararon para frear a entrada de fuel ante a pasividade da administración á que acusa n on só de errar coa decisión de afastar o barco senón tamén de mala fe mentindo á cidadanía e negando a inminente chegada da marea negra.osto que carecían de medios e tiveron que conter a marea negra con pouco máis ca súas mans.

Esta resposta cidadá foi, segundo Maneiro, o único positivo daquela catástrofe. Refírese ó movemento Nunca Máis, do que foi membro destacado, e que marcou un punto de inflexión á hora de afrontar a catástrofe.

Vinte anos despois, Maneiro non ten claro que pasaría ante un accidente similar. Desconfía posto que moitos dos que estaban nas institucións cando o Prestige seguen con responsabilidades en cargos públicos. O único que ten claro a día de hoxe é que a catástrofe do Prestige podería terse evitado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí