MEAÑO> Meaño acollerá a primeira carreira solidaria Polilla Ana Vicente. Trátase dunha proba que se vai celebrar o vindeiro 7 de febreiro, a favor da Asoación Española Contra o Cancro. Detrás desta iniciativa están os antiguos alumnos dos colexios da Garda Civil, co apoio de diferentes empresas e administracións. As inscricións xa están abertas. Polo de agora hai xa anotadas unas 150 persoas.
A cita terá lugar o vindeiro 7 de febreiro en Meaño. Trátase da primeira carreira solidaria Polilla Ana Vicente, unha dobre proba: unha carreira de 10 quilómetros e unha andaina de 5.
Esta primeira carreira solidaria Polilla Ana Vicente está impulsada pola Asociación de Antigos Alumnos dos colexios da Garda Civil, entidade que representa ao alumnado que formou parte dos centros de orfos da Benemérita. Explican que a proba que se vai celebrar en Meaño servirá de homenaxe á que fora a súa compañeira Ana Vicente, gaditana falecida hai agora dous anos por mor do cancro.
Todo o recadado irá para a Asociación Española contra o Cancro.
Apoiando esta proba solidaria, o concello de Meaño, a Xunta, a Deputación e tamén o Goberno de España.
O prazo de inscrición para participar na carreira ou andaina rematará o 1 de febreiro, a través de carreirasgalegas.com. Polo de agora hai xa unhas 150 persoas inscritas.









