Antón Louro sona como novo delegado do Goberno en Galicia

    anton_louro_100_140409.jpgPONTEVEDRA> O nomeamento terá lugar previsiblemente o vindeiro venres durante a celebración do Consello de Ministros.

    {flowplayer}images/salnes/140409_anton_louro_delegado_goberno.flv{/flowplayer}

    De ser nomeado delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro ocupará o lugar deixado por Manuel Ameijeiras. O ata agora mediador entre o Executivo Central e a Xunta deixa o seu posto na delegación galega para incorporarse ó Ministerio de Fomento como parte do equipo de José Blanco. Na actualidade Antón Louro ocupa un escano por Pontevera no Congreso dos Deputados, onde preside a Comisión de Fomento, ademais de ser edil no concello de Pontevedra.

    Redacción Salnés