Catoira contará cunha nova EDAR antes de finais de ano

    alcalde_catoira_100.jpgCATOIRA> Catoira podería contar cunha nova estación depuradora de augas residuais en funcionamento nesta anualidade.

     {flowplayer}images/salnes/140409_edar_catoira.flv{/flowplayer}

    Esta actuación vai a ser posible grazas a aprobación por parte do Consello da Xunta da urxente ocupación dos terreos circundantes á esta depuradora para a súa expropiación forzosa, que xa está en fase de construcción.

    Con esta resolución, o Concello poderá ocupar de xeito inminente unha franxa de cinco metros de ancho na beira do río Catoira, que arestora pertence a uns catro ou cinco propietarios, entre eles a Igrexa Católica. Con esta actuación, darase servicio de canalización de augas a esta depuradora.

    O Concello asumirá o custe dun millón de euros que poden chegar a ascender ás expropiacións. Por outra banda, o custe da depuradora xa está sendo asumido pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. Con esta nova actuación, este Concello, que xa conta con cunha pequena depuradora xa obsoleta conseguirá que a vertedura de augas residuais ó río se faga cas debidas garantías hixiénico-sanitarias.

     Esta actuación estase a ver complementada ca dotación de rede de sumidoiros de todo o Concello, que leva sendo acometida polo consistorio nos últimos anos.

    Redacción Salnés