O concurso para a xestión do Centro de Día de Camabados quedou deserto

CAMBADOS> O concurso para a xestión do Centro de Día de Cambados quedou deserto. Unha situación que segundo os edís de Cambados, Tino Cordal e Xurxo Charlín, pódese deber a que a empresa que optara a instalación cambadesa, tamén debería facerse cargo doutros centros como o de Cuntis ou Redondela, e facer fronte a un importe desembolso que se situaría cerca dos dous millóns.

A posta en marcha do Centro de Día de Cambados, non está a ir todo o rápido que se esperaba. Este martes, visitamos a instalación cambadesa, acompañados polos edís da vila, Xurxo Charlín e Tino Cordal, que explicaron a situación actual do centro, despois de que quedara deserto o concurso para facerse coa súa xestión.

O concurso recollía que a mesma xestora debería administrar catro centros a vez; os centros de día de Cuntis, de Cambados e o de Redondela, ademais da residencia de este último. Dende o concello recoñeceron que xa se puxeron en contacto co Consorcio Galego, para coñecer o que vai a ocorrer a partir de este momento.

O concelleiro de Benestar, Tino Cordal, afirmou que dende o concello de Cambados fixéronse os deberes para que a instalación estivera en funcionamento en tempo e forma, pero que dende a Xunta volven a fallar na súa palabra.

A falta de uso de este centro deixa a vista o deterioro da instalación. O Centro de Día de Cambados ten capacidade para unhas 40 persoas, e os seus últimos equipamentos custaron preto dos 70.000 euros. Esta instalación estaría lista para comezar a súa actividade a espera de que se consiga unha empresa xestora que se faga cargo do mesmo.