![]()
POBRA> A actuación é froito dos contactos mantidos polo alcalde con representantes de SEPES, a entidade que xestiona o polígono industrial da Tomada.
{flowplayer}barbanza/ampliaciontomada.flv{/flowplayer}
Os contactos mantidos durante o último ano polo rexedor pobrés non puideron ser máis produtivos. Maceiras Rivas indicou que a actuación é xa un feito, despois de que no pasado pleno se aprobara a correspondente recalificación de terreos. Un paso previo ó inicio das obras. Despois de manter xuntanzas cos propietarios das parcelas afectadas pola ampliación, ó redor duns 30, chegando a acordo coa maioría deles, estableceuse en oito euros a cantidade a pagar polo metro cadrado de terreo. Agora o executivo local confía en iniciar canto antes a urbanización do parque. Un proceso que neste caso será levado a cabo por SIGALSA, Solo Industrial de Galicia, unha empresa participada pola propia SEPES.
100 mil metros cadrados
A ampliación do polígono pobrés suporá unha actuación cunha superficie total de 100 mil metros cadrados, dos que aproximadamente 60 mil será destinados a uso industrial. O número de parcelas ascende a unhas 15, ofertándose terreos de entre doce mil e 500 metros cadrados. Na actualidade existe unha importante demanda, sendo numerosas as empresas interesadas en dispor de máis chan industrial na Tomada como é o caso de Cartogal, Transportes Mapir, ACTENSA ou Procesados Pesqueiros do Grupo Lumar, entre outras.
Redacción Barbanza








