Os concellos do Barbanza retoman os seus mercados ambulantes

BARBANZA> Os concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira anuncian que reabrirán de xeito gradual os seus mercados ambulantes semanais. Toman esta decisión ante a mellora da situación epidemiolóxica.

A partir desta próxima fin de semana e de forma gradual volverán a celebrarse os tradicionais mercadiños ambulantes nos catro concellos do Barbanza. A mellora da situación epidemeolóxica foi unha das razóns que levou ós concellos á toma desta decisión. Farano ademais con tódolos postos abertos dende textil a calzado pasando polos complementos e a alimentación ou as flores.

Cada un dos concellos irá comunicando as datas de apertura de forma gradual. Así preténdese recuperar este servizo, tan importante para os veciños da comarca, e tamén brindar o maior apoio ós propìos comerciantes ambulantes, un sector que veu moi prexudicada a súa actividade por todas as restricións derivadas da pandemia.

A apertura dos mercadiños farase ademais de xeito seguro, respectando tódalas medias hixiénico-sanitarias en vigor. Dende os respectivos concellos fan un chamamento tamén a máxima complicidade dos veciños para continuar a tendenza de descenso de casos activos, dando así pequenos pasos cara á nova normalidade.