Ribadumia adxudica a ampliación da gardería e o saneamento en Lois

    fondos_estado_ribadumia100.jpgRIBADUMIA> O Concello adxudicou xa tres das catro obras que se van acometer no municipio a través dos fondos do Estado.

    {flowplayer}images/salnes/FONDOS_ESTADO_RIBADUMIA.flv{/flowplayer}

    RIBADUMIA> O Concello de Ribadumia adxudicou á empresa Obras e Construccións Sostenibles as obras de ampliación da gardería municipal, por importe dun 123 mil euros.

    O proxecto contempla a construción de dúas novas aulas na gardería municipal con dous baños, que ocuparán a zona do patio. Isto permitirá á gardería dispoñer de dúas aulas máis, co que pasará a ter sete. O prazo de execución é de seis meses.

    O Concello tamén adxudicou a instalación da rede de saneamento nos lugares de Cruz, Medoña e A Puxeira, na parroquia de Lois. A obra de Cruz foi adxudicada a Construccións Obras e Viais por 198 mil euros, mentres que nas outras dúas zonas a rede será instalada por Pavimentos de Meaño, cun importe de 190 mil euros. Ambas empresas terán 4 meses para executar os traballos.

    Estas tres obras serán financiadas con cargo ós fondos do Estado. O Concello inda ten outra actuación pendente de adxudicar, a ampliación da Casa de Cultura de Ribadumia que permitirá crear alí un Centro de Acollida de Maiores. Segundo indica o goberno local, os técnicos están a valorar as propostas presentadas por nove empresas.

    Redacción Salnés