36 empresas do Barbanza consiguen o distintivo turístico SICTED

BARBANZA> Trinta e seis empresas e servizos turísticos do Barbanza obterán o distintivo do sistema de calidade turística SICTED. Trátase dun proxecto que recoñece a boa xestión das empresas do sector turístico en toda España.

A Mancomunidade Barbanza Arousa constituíu a Mesa de Calidade con representantes dos catro concellos da comarca e da Xunta e a Deputación da Coruña así como o Clúster de Turismo de Galicia e 5 asociacións empresariais para implantación do SICTED nunha trintena de empresas da bisbarra.

En total foron 36 as que superaron satisfactoriamente a avaliación e cumpriron ademais outros requisitos relacionados coa xestión empresarial e dos servizos así como a recepción de dúas asistencias técnicas individuais e a participación en sesións formativas. Realizouse tamén un taller para fomentar o coñecemento do destino, en colaboración co Centro Arqueolóxico do Barbanza.

O SICTED é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovidos pola Secretaría de Estado de Turismo en colaboración coa FEMP. O obxectivo é mellorar a satisfacción do turista pero implica importantes vantaxes para as empresas adheridas como a mellora da xestión interna, o incremento da cualificación do persoal ou a posibilidade de establecer sinerxias con outros empresarios do sector.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí