A mellora da fachada marítima de Cambados custará 30 millóns de euros

    portos_cambados100.jpgCAMBADOS> A Xunta espera ter listo para marzo ou abril o prego de condicións para sacar a concurso o proxecto de detalle, …

    {flowplayer}images/salnes/portos_cambados.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> A Xunta espera ter listo para marzo ou abril o prego de condicións para sacar a concurso o proxecto de detalle, construción e explotación da chamada nova fachada marítima para o século 21 de Cambados.

    Un ambicioso proxecto que inclúe o porto deportivo e a recuperación do espazo portuario do casco urbano para actividades de ocio, cultura e comercio. O presidente de Portos de Galicia indicou hoxe en Cambados que o proxecto precisará duns 30 millóns de euros, ós que terá que facer fronte a concesionaria.

    Portos tamén prevé instalar este ano as comportas do Saco de Fefiñáns. Os técnicos traballan arestora na solución máis adecuada e que permita compatibilizar o uso desta lámina de auga para deportes náuticos coas labores de marisqueo.

    Outra obra, esta comezará xa en marzo, permitirá dotar ó parque infantil que hai ó carón da estación de autobuses dun novo solo de caucho para mellorar a súa seguridade. Portos tamén confirmou que o vindeiro mes estará rematado o alador solicitado polas redeiras de Cambados.

    Redacción Salnés