VILAGARCIA> A falta de tan só uns días para a Noiteboa, a veciñanza da nosa contorna ultima os agasallos para as datas sinaladas. Nesta época os xoguetes e os dispositivos móbiles cobran gran protagonismo, pero a asociación de comerciantes Zona Aberta de Vilagarcía preséntanos algunhas alternativas para realizar un bo agasallo.
Coa chegada do nadal, os agasallos de Papa Noel e dos Reis Magos son os grandes protagonistas. Nesta época, os xoguetes e os dispositivos móbiles son o máis demandado, pero dende Zona Aberta de Vilagarcía presentan máis alternativas para realizar un bo agasallo, como un libro.
Dentro dos libros, os que máis triunfan son o gañador do premio planeta, A Bestia, e o finalista, os últimos días en Berlín. Agasallar aos máis mozos con libros pode axudar a xerar o hábito da lectura e a estimular a súa imaxinación.
Outra grande protagonista destas datas para agasallar é a roupa. Pero para ir ben vestido é necesario combinar as prendas con un bo calzado e complementos.
A compra destes agasallos no comercio local garante uns obsequios de calidade
Son moitas as posibilidades que o comercio de Vilagarcía ofrece para comprar agasallos diferencias. Dende Zona Aberta destacan a importancia de mercar no comercio de proximidade por todos os beneficios que aporta ao cliente.
Os comerciantes indican que as vendas aínda non comezaron a despegar, xa que a maioría de clientes agardan ata as últimas datas. Para aqueles que aínda teñan dúbidas no pequeno comercio sempre terá produtos e asesoramento para realizar uns agasallos únicos.