O Consorcio facilita o asesoramento legal

    VILAGARCIA> O Consorcio do Comercio do Salnés ven de asinar un convenio de colaboración ca empresa Conversia…

    {flowplayer}images/salnes/convenio_consorcio_111212.flv{/flowplayer}

    … Consulting Group co fin de procurar prezos vantaxosos, con descontos de ata un 20 % segundo a contratación de servicios, para que as empresas asociadas poidan adaptar os seus servicios ás novas normas legais.

    En virtude deste acordo, esta empresa fará unha análise de cada caso e proporá a solución axeitada a cada empresa nos eidos de consultoría, asesoría xurídica, auditoría e formación.

    O Consorcio do Comercio do Salnés pretende seguir a traballar neste senso, intentando buscar ofertas colectivas para os seus asociados e outras vantaxes; ata o punto de facer fronte común para reivindicar outro tipo de medidas como a rebaixa de impostos ás pemes.

    Redacción Salnés