VILAGARCÍA> A Xunta triplicará este ano os fondos para para o coidado e adopción de animais abandonados. Nunha visita á protectora de animais de Vilagarcía o presidente galego apuntou que as axudas a concellos, protectoras e particulares acadará este ano os 1,4 millóns de euros. Alfonso Rueda salientou, ademais, que por segundo ano consecutivo o executivo galego ofrece achegas de ata 150 euros a aqueles particulares que decidan adoptar un animal abandonado.
O presidente da Xunta e a Conselleira de Medio Ambiente visitaron esta mañá as instalacións da protectora de Vilagarcía, situada en Pinar do Rei. Alí, Alfonso Rueda avanzou que o goberno galego vai triplicar este ano o orzamento destinado a axudas para o fomento das adopcións. Incrementarase ata os 1,4 millóns de euros dirixidas a concellos, protectoras e particulares. Rueda asegurou que a saúde dunha sociedade tamén se mide polo trato aos animais de compañía, lembrando que hai moitos, en instalacións como estas, que buscan fogar.
Alfonso Rueda salientou, ademais, que por segundo ano consecutivo o executivo galego ofrece achegas de ata 150 euros a aqueles particulares que decidan adoptar un animal abandonado. Foi no transcurso dunha visita na que tamén estivo presente a tenente de alcalde de Vilagarcía. Tania García puxo en valor o traballo feito dende o concello na mellora das instalacións de Pinar do Rei, recoñecendo que aínda quedan cousas por facer.
Dende a protectora de animais aproveitaron a ocasión para agradecer o apoio que están a recibir dende o concello de Vilgarcía e dende a Xunta.











