A presenza de toxicómanos alerta ós veciños de Fafián

    fafian_100_150409.jpgRIBEIRA> Os veciños de Fafián e das rúas Blanco Amor e Cristóbal Colón veñen de amosar o seu malestar ante a presenza de toxicómanos na zona.

    {flowplayer}barbanza/fafian.flv{/flowplayer}

    A finca que se atopa pegada ó cemiterio municipal é punto de encontro de varios drogadictos que acuden ata a zona para inxectarse a súa dose. Este feito disgusta ós veciños que residen ó redor e que utilizan este camiño para desprazarse ata o centro da vila.

    De momento non se ten rexistrado ningún altercado xa que semella que as persoas que frecuentan a zona non son perigosas pero os veciños afirman non sentirse seguros nestas circunstancias.

    Foco de infección

    Ademais da inseguridade, un dos principais problemas é a insalubridade do lugar, no que é habitual atopar restos de xeringas, botellas e demais residuos utilizados polos toxicómanos, o que tamén está a dar moi mala imaxe ó barrio. Por isto, reclaman a limpeza da zona e o incremento da presenza policial para mellorar a súa calidade de vida.

    Redacción Barbanza