Xuventude de Sisán, Umia C.F. e C.D. Ribadumia enfróntanse no triangular do Torneo Concello de Ribadumia

RIBADUMIA> Este domingo 18 de agosto o campo de fútbol da Senra, de Ribadumia, acollerá o tradicional torneo triangular Concello de Ribadumia. Xuventude Sisán, Umia Club de Fútbol e Club Deportivo Ribadumia veranse as caras nunha cita que cumpre xa a súa trixésimo segunda edición.

Xuventude de Sisán, Umia Club de Fútbol e Club Deportivo Ribadumia veranse as caras este domingo no campo de fútbol da Senra. As instalacións acollen unha nova edición do Torneo Concello de Ribadumia.

Será o domingo a partires das 8 da tarde. Por primeira vez, a organización recae no Xuventude de Sisán, que xa ten todo preparado para que a cita sexa un éxito.

Dende o Umia Club de Fútbol e o Club Deportivo Ribadumia agardan este torneo con ganas. Unha cita que xa está consolidada no calendario deportivo municipal e que ningún deles quere perder.

O ano pasado o Umia Club de Fútbol alzouse coa vitoria.