Budiño actuará na Illa de Arousa

A ILLA> O artista Budiño presentará o seu novo disco na Illa de Arousa. O cantante confesa que a vila o inspirou para crear o seu traballo. O concerto será o xoves 18 de abril. Dende o Concello resaltan a súa aposta por unha programación cultural de calidade.

A programación cultural da Illa de Arousa contará co concerto de Budiño o vindeiro xoves 18. Para o goberno local, esta función reafirma a súa aposta por unha axenda cultural de calidade.

O Concello e a Deputación colaboran para celebrar este concerto que se engloba dentro do programa Musigal. Segundo a Administración Provincial o obxectivo deste proxecto é levar a música en galego a todos os concellos.

A función servirá para que o artista presente o seu novo disco “Fulgor”. Segundo o autor, este traballo naceu ligado á Arousa.

O concerto comezará as 9 da tarde e a entrada será gratuíta, pero requírese invitación previa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí