Amplo seguimento na primeira xornada de folga nos centros dependentes do Consorcio

BOIRO> Primeira xornada de folga nas escolas da Galiña Azul e no centro de día de Boiro. Os traballadores destes centros iniciaron hoxe unha serie de paros con carácter indefinido para demandar a consolidación dos seus postos de traballo.

Os traballadores do centro de día de Praia Xardín e das dúas escolas infantís, tanto a do Saltiño como a de Praia Xardín, iniciaron hoxe unha folga indefinida. Nesta primeira xornada de paro neste último centro tan só asistiron a escola tres nenos.

Aínda que contaba con servizos mínimos, a maioría das familias optou por non enviar os seus fillos a clase en apoio ás propias reivindicacións dos traballadores que demandan a consolidación dos seus postos de traballo ós que accederon polos sistemas selectivos legais establecidos pola Administración hai 13 anos.

A folga iniciada na xornada de hoxe, terá continuidade tódolos xoves, con paros entre as oito e as once da mañá.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí