A esquerda de Vilagarcía celebra o aniversario da II República

    aniversario_republica100_150409.jpgVILAGARCÍA> Xuntos, pero non revoltos. Así celebrou onte a esquerda de Vilagarcía a homenaxe á II República

    {flowplayer}images/salnes/ANIVERSARIO_REPUBLICA150409.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Xuntos, pero non revoltos. Así celebrou onte a esquerda de Vilagarcía a homenaxe á II República, cando se cumpren 78 anos da súa instauración.

    A Comisión pola Memoria Histórica, Esquerda Unida e o sindicato Comisións Obreiras, por unha banda, e o PSOE pola outra coincidiron no monumento ás vítimas da represión franquista, no parque Miguel Hernández.

    Os primeiros protagonizaron unha serie de discursos reclamando unha terceira república en España. Ademais de Ramón Bueno e Ramos tamén interveu un representante da Comisión pola Memoria Histórica que leu o poema ‘Reconciliación’ e o fillo dun dos republicanos fusilados durante a represión franquista.

    Polo que respecta ós socialistas, limitaron a súa homenaxe a colocar un ramo de flores ante o monumento Rosas Rotas, acto que realizaron a alcaldesa Dolores García e a secretaria do PSOE local Tania García. Polo PSOE tamén estiveron as edís Susana Camiño, Victoria Hierro e Dolores Couso. No acto botouse de menos a Juan Fajardo e Xosé Castro Ratón, que xa escusaran a súa ausencia, e ó resto do BNG, que tampouco foi.

    Redacción Salnés