Outes promove axudas de carácter social para mozos e maiores

OUTES> O concello de Outes vén de resolver dúas convocatorias de axudas con cargo ó POS Social da Deputación da Coruña. Van dirixidas á promoción da autonomía e mobilidade das persoas dependentes e a adquisición de equipos informáticos para a mocidade.

O concello de Outes destinou 30 mil euros no marco do POS Social da Deputación da Coruña a axudas á mocidade e á dependencia. A primeira delas, encamiñada a subvencionar a adquisición de material informática, beneficiou a 50 mozos do municipio.

No que respecta á dependencia, o concello financiou a adquisición de equipos de apoio á mobilidade e autonomía dentro do fogar como por exemplo camas articuladas, cadeiras xiratorias ou plataformas salvaescaleiras.

En total foron doce as solicitudes atendidas cun importe próximo ós 15 mil euros.   

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí