Os veciños demandan un parque e outras melloras en Lamas y Andrés

    lamasyandres_100_160409.jpgPOBRA> O PSOE pobrés levará a pleno unha moción solicitando unha actuación integral na urbanización Lamas y Andrés.

    {flowplayer}barbanza/lamasyandres.flv{/flowplayer}

    A principal demanda, tanto dos veciños como do grupo socialista, é a creación dun parque público nun espazo que a promotora xa reservara para este fin e que na actualidade se atopa en moi mal estado.

    Segundo os residentes, neste solar acumúlanse residuos sen contar cun servizo periódico de limpeza polo que se converteu nun importante foco de infección que mesmo chegou a provocar unha praga de pulgas na urbanización o pasado verán.

    Mala sinalización

    Pero este non é o único problema ó que teñen que facer fronte ós preto de 300 veciños que residen no barrio xa que tamén denuncian a falta de sinalización de tráfico o que provoca atrancos nas rúas demasiado estreitas así como a existencia de valados de obra que invaden as beirarrúas supoñendo un risco tanto para os peóns como para os vehículos.

    No texto da moción, a voceira socialista lembra o compromiso adquirido polo alcalde no ano 2007 de iniciar unha actuación na urbanización, coa construción da praza pública, a pesar de que a titularidade dunha parte do solar está en proceso xudicial por mor dun conflito entre a propietaria e a empresa construtora. Os socialistas aluden á ampliación da Tomada, que aínda que se atopa nunha situación similar, segue o seu curso, polo que esixen que se faga o mesmo nesta céntrica urbanización.

    Ademais destas melloras, os socialistas reclaman que se proceda á substitución da rede perimetral da pista deportiva, actualmente moi deteriorada e de altura insuficiente polo que os balóns soen escaparse chegando a provocar roturas de cristais nos edificios.

    Redacción Barbanza