Industria dá un novo pulo á carpintería de ribeira cunha axuda a AGALCARI

    subvencionagalcari_100_300709.jpgBARBANZA> A Consellería de Economía destinará 38 mil euros ó fomento da carpintería de ribeira, a través dunha subvención concedida  a AGALCARI.

    {flowplayer}barbanza/subvencionagalcari.flv{/flowplayer}

    Deste xeito, a Asociación Galega de Carpintería de Ribeira  resulta beneficiada dunha das axudas ao fomento do asociacionismo e do desenvolvemento do sector artesanal convocadas pola Consellería de Economía no mes de febreiro deste ano.

    A contía da achega, trinta e oito mil euros, destinarase principalmente a actuacións de divulgación e de promoción da carpintería de ribeira, á participación da asociación como expositor en feiras de carácter profesional e para a organización das segundas xornadas de Construción Naval en Madeira, cuxa primeira edición tivo lugar en Boiro en outubro de 2008.

    Marca de calidade

    A Dirección Xeral de Comercio anunciou tamén o seu compromiso de estudar a proposta de identificar esta actividade empresarial cun selo de calidade específico, integrado na marca Artesanía de Galicia.

    A asociación Galega de Carpinteiros de Ribeira, cuxa sede social se empraza no concello de Boiro, traballa dende o ano 2007 no obxectivo de recuperar e impulsar o traballo artesanal dos estaleiros e obradoiro que se adican a fabricación artesanal de embarcacións de madeira.

    Redacción Barbanza