BOIRO> O falecemento dun mozo de Cabo de Cruz por gripe A incrementou a preocupación entre os veciños dun posible andazo desta doenza.
O pasado venres a Consellería de Sanidade confirmaba a segunda morte en Galicia por gripe A. José Ramón Triñanes, de trinta e tres anos e veciño de Cabo de Cruz falecía no Complexo Hospitalario Universaritario de Santiago, onde levaba dúas semanas ingresado na Unidade de Coidados Intensivos.
{flowplayer}barbanza/preocupaciongripea.flv{/flowplayer}
Anteriormente permanecera varios días no Hospital da Barbanza por mor dunha forte pneumonía. A noticia do pasamento do mozo causou certa inquietude no municipio de Boiro, sobretodo cando se confirmou que o falecido non padecía patoloxías graves previas ao contaxio do virus da gripe A.
Síntomas leves
Dende a Xunta de Galicia lémbrase que a incidencia por gripe A en Galicia segue a ser estable, e que esta se está manifestando na maioría dos casos como calquera gripe, con cadros clínicos maioritariamente leves e que non requiren máis coidados que os propios da gripe estacional.
Tamén se recomenda a poboación tomar medidas sinxelas para evitar contaxios como taparse a boca e o nariz ao esbirrar ou toser o lavarse as mans con frecuencia. A Consellería de Sanidade dispón do teléfono de información 902 400 116 e da páxina web www.sergas.es/gripe para clarexar calquera dúbida relacionada coa gripe A.
Redacción Barbanza