Un conductor sen carné estámpase contra unha vivenda en Frións

    accidentefrions_100_160409.jpgRIBEIRA> O conductor, que pretendia evitar un control que realizaban os axentes municipais, e o seu acompañante resultados feridos leves no accidente.

    A Policía Local de Ribeira detivo a un veciño da localidade de 33 anos que bateu co seu vehículo contra unha vivenda no lugar de Frións. A fachada da casa quedou totalmente destruída. No lugar do sinistro quedaron esparexados anacos do coche que se empotrou na vivenda na que residían dous anciáns, e que resultou afectada en gran medida na súa parte central.

    {flowplayer}barbanza/accidentefrions.flv{/flowplayer}

    A pesar da aparatosidade do accidente non houbo que lamentar vítimas, os dous anciáns residentes na vivenda, sairon polo seu propio pé, claramente asustados, mentres que os dous mozos que viaxaban no automóbil, resultaron feridos leves e foron trasladados ata o hospital da Barbanza, onde foron dados de alta.

    Segundo sinalaron fontes policiais, o vehiculo saíuse da vía como consecuencia dunha manobra realizada polo conductor para evitar un control policial.

    Redacción Barbanza