RIANXO> Coa adquisición destas parcelas, de preto de 3.000 metros cadrados cada unha, o polígono supera xa o 70 por cento de superficie ocupada converténdose nun referente empresarial centrado principalmente nos sectores da pesca e a conserva.
A xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, Beatriz Sestayo, reniuse esta mañá co alcalde de Rianxo para informarlle da adquisición de dúas novas parcelas de aproximadamente 3000 metros cadrados cada unha no polígono de Te.
Con estas dúas novas operacións, a ocupación do polígono sitúase xa por riba do 70 por cento polo que dende o concello xa barallan a posibilidade de ter que habilitar máis superficie para unha futura ampliación.
Estas dúas novas empresas darán un novo pulo ó tecido empresarial de Rianxo así como en termos de creación de emprego.