![]()
SALNÉS> Os clubes náuticos de Aguete, Sanxenxo e Portonovo uníronse unha vez máis para organizar esta regata, unha das máis destacadas da provincia.
A VI Regata Ría de Pontevedra de Cruceiros- V Trofeo Enmacosa, volve un ano máis. Os clubes náutcos de Sanxenxo, Aguete e Portonovo uníronse outra vez para levar a cabo este evento deportivo xa consolidado dentro do calendario de regatas da provincia.
A competición terá lugar os días 18,19 e 25 de abril, esta fin de semana e o sábado que ven. Tres xornadas na que os barcos deberán saír das próximidades dos clubes náuticos organizadores para tentar levarse o trofeo de campión.
A cita volverá a reunir ós mellores regatistas da provincia, nunha das probas máis completas da comunidade xa que aúna regatas costeiras con barlovento-sotavento.
A regata inaugural tomará saída áa 13:30 nas proximidades do Real Club Náutico de Sanxenxo. A xornada dividirase en dúas probas: a primeira unha regata barlovento-sotaventyo, e a segunda unha costeira con saída en Sanxenxo e chegada nas inmediacións do Club de Mar de Aguete.
Xa na xornada dominical, os participantes deberán cubrir a distancia entre Aguete e o Club Náutico de Portonovo onde se porá peche á competición desta fin de semana.
Para o día 25 quedará a derradeira tirada, Portonovo-Aguete; no club marinense celebrarase a cerimonia de entrega de trofeos ós tres primeiros clasificados.
Redacción Salnés







